Ribadumia solicita unha subvención para a consolidación e mellora do servizo Madruga e Ocio e Fogar de Maiores
O Concello de Ribadumia, no seu obxectivo de impulsar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos seus veciños e veciñas ven de solicitar unha subvención convocada pola VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA, o abeiro da Resolución do 24 de maio do 2013, publicada no DOG Nº104 do 3 de xuño, para a consolidación e mellora dos seus servizos de Madruga e Ocio e Fogar de Maiores.
O servizo Madruga e Ocio, instaurado fai xa tres anos ofrece os pais que pola súas circunstancias persoais, profesionais e económicas non dispoñen de axuda no coidado dos seus fillos a posibilidade de acollerse a esta acción que atende os nenos fora da xornada escolar, de 07:30 a 9:00 e de 16:00 a 20:00. Durante este tempo os nenos están atendidos e disfrutan dos seus compañeiros con xogos e lectura. Durante a tempada de verán este servizo abrangue o horario de mañá, de 08:00 a 14:00, dando solución os pais de con quen deixar os nenos cando remata a escola. A admisión neste servizo solicitase en Agosto para o curso escolar e en Xuño para o disfrute no verán. Conta con corenta prazas e os criterios de admisión e por concorrencia competitiva segundo as bases publicadas.
O servizo de Fogar de Maiores, persegue este mesmo obxectivo de conciliación, o ofrecer atención as persoas de mais de 65 anos na Casa da Cultura de Ribadumia en horario de 15:00 a 20:00, e reducindo o tempo de coidado dos familiares. Os usuarios realizan exercicios de mobilidade, axilidade mental e traballos plásticos. As accións redundan nunha maior autonomía dos participantes nas súas actividades cotiás.
Con estás accións o Concello de Ribadumia pretende promover as condicións de igualdade e conciliación laboral, persoal e profesional dos veciños de Ribadumia e remover os atrancos que impidan a súa participación na vida cultural e social.











