Ribadumia prepara o “Xoves Animado” con inchables infantís na Praza do Concello
O Concello de Ribadumia organiza unha xornada de inchábeis incluída na programación de verán “Xoves Animado”.
Os mais pequenos poderán disfrutar dun barco pirata con tobogán e e unha ludoteca infantil de Mickey que estarán situadas na Praza do Concello en horario de 20:30 a 22:00h. Dous monitores socioculturais coordinaran as actividades que están dirixidas nenos e nenas a partir de 3 anos.
A concellería de Cultura, dirixida por Susana Fandiño, pretende con esta programación remprazar o patio do colexio durante o período de vacacións de verán, como actividade lúdica, recurso educativo e creativo do tempo libre, ademais de convertirse nun punto de encontro cos amigos.
Todas as actividades son gratuítas e esperase a participación activa das familias apoiando a labor dos monitores.











