Ribadumia organiza o XV edición do Torneo de Tenis
A Concellería de Deportes organiza a décimo quinta edición do Torneo de Tenis “ Concello de Ribadumia” que se vai disputar entre o 9 e o 17 de agosto nos pavillóns de Ribadumia e Sisán. As inscripcións para participar no torneo xa se poden facernas oficinas municipaisou nos teléfonos 986 718 491/9. Os datos requeridos para a inscripción son: nome, idade, categoría naque vaixogar, teléfono e dispoñibilidade horaria. O prazo para anotarse remata o xoves 15 de agosto.
As modalidades nas que se disputa o torneo son, para menores de 14 anos, xuvenil masculina e femenina; e para maiores de 14 anos, absoluta e dobres, masculinas e femeninas.
Esta cita deportiva está a convertirse nunha referencia na comarca e para os moitos deportistas que participan. A súa celebración incluese dentro do compromiso da concellería de deporte, que dirixe Jorge Abal, de espertar o interese dos veciños por diferentes modalidades deportivas a través da organización de competicións e actividades , da dotación e mantemento de calidade das instalación deportivas e do apoio os clubs locais.
Apertura do prazo de inscripción naescola de Tenis municipal
Desde a Concelleríatamén anuncian que se abre o prazo de inscripción para participar o próximo curso naescola de Tenis Municipal de Ribadumia, que conta coa ensinanza de profesores titulados da Federación Galega. As persoas interesadas en participar xa poden reservar a súaprazanas oficinas municipais. Como en anos anteriores, haberá grupos para nenos e para adultos. Ás clases comenzarán co curso escolar e desenvolveranse no Pavillón Municipal de Ribadumia.











