Ribadumia expide nunha semana 314 carnés e 623 entradas da Piscina Municipal de Cabanelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRibadumia
A-
A+

A tempada de baño na Piscina Municipal de Ribadumia, situada en Cabanelas, marcha a bo ritmo. Durante a primeira semana do mes de xullo o Concello de Ribadumia xa vendeu 623 entradas para a instalación municipal, que se suman aos 314 carnés expedidos e que permiten o acceso durante todo o verán. Así, nunha nova ocasión o entorno de Cabanelas convértese no lugar escollido por numerosas familias e grupos de amigos de toda a comarca para pasar o seu tempo de ocio, xa que combina as instalacións deportivas –dúas piscinas, cambiadores, xogos infantís e céspede- coa beleza paisaxística do río Umia, o merendeiro e o parque infantil.

Isto supón unha afluencia media de 100 persoas diarias. No que se refire ás idades, as entradas diarias corresponden a 416 nenos menores de 9 anos e 207 maiores. Para esta fin de semana espérese unha maior afluencia debido as altas temperatura e a celebración dunha actividade con inchables

Este domingo 7 de xullo haberá unha festa infantil con inchables

Tendo en conta que a maior parte dos usuarios son nenos menores de 9 anos, o Concello ten preparada este domingo dia 7 de xullo a unha xornada inchables acuáticos para os mais pequenos en horario de apertura da piscina, de 15:00 a 21:00.

Na que se espera a participación activa de tódalas familias apoiando a labor dos monitores.

5 de xullo de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.