Ribadumia acollerá unha xornada de Xogos Populares dentro da programación “Xoves Animado”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O concello de Ribadumia organiza unha xornada de xogos populares, música e enredos para toda a familia, incluída na programación de verán “Xoves Animado”.

Dous monitores socioculturais introducirán o eido lúdico da actividade que permitirá os cativos divertirse cos xogos que practicaban os seus pais e avós, mentres que os maiores poderán volver a sentirse nenos con entretementos  que pouco teñen que ver cos actuais de maior compoñente tecnolóxico.

Os xogos populares representan mais que un pasatempo, un elemento cultural e  parte importante da convivencia e cooperación en grupo e posúen un gran valor etnográfico, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica .

O domingo 7 de xullo, a Piscina Municipal de Cabanelas ten preparada unha tarde con inchables

As actividades para os mais pequenos non rematan aquí e este domingo dia 7 de xullo a Piscina Municipal de Cabanelas oferta unha xornada con inchables en horario de apertura da piscina, de 15:00 a 21:00.

Todas as actividades son gratuítas e esperase a participación activa de tódalas familias apoiando a labor dos monitores.

3 de xullo de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.