Ribadumia abre inscrición das actividades do programa LECER E CONSUMO da Escola Galega de Consumo
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ribadumia organiza dúas actividades dentro do programa Lecer e Consumo que O Instituto Galego de Consumo, a través da Escola Galega de Consumo, oferta nos meses de Xullo e Agosto para nenos de enrtre 3 e 16 anos.
Estás actividades están orientadas a achegar a poboación os valores do consumo responsable a través de actividades participativas e lúdicas que este ano xiran entorno os xoguetes populares.
A acción está programada en 2 talleres:
O primeiro, as 10:30, está destinado a nenos de 3 a 9 anos e que se denomina: CRITERIOS PARA A ESCOLLA DE XOGUETES: XOGAMOS EN IGUALDADE,na que se realizarán xogos populares e lectura de contos, ten como obxectivo dar a coñecer alternativas de ocio que respondan os intereses reais individuais e non ás socialmente aceptadas como disfrute comercial.
A segunda, as 12:00, orientada a nenos de 9 a 16 anos será XINCANA DE LECER E PUBLICIDADE ten como obxectivo observar diferentes actividades de lecer relacionándose de forma lúdica co resto do grupo e valorando diferentes posibilidades
Para inscribirse ou recibir máis información, os interesados poderán facelo nas oficinas municipais ou na OMIX en avda. Párroco Valiñas. O prazo para presentar as solicitudes remata o 3 de agosto, e deberán ir acompañadas da fotocopia do DNI.











