Rey Varela visita o “XVII Encontro Internacional de Ximnasia Rítmica cidade de Ferrol”

Rey Varela xunto ás ximnastas
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe ao grupo de ximnastas participantes no “XVII Encontro Internacional de Ximnasia Rítmica Cidade de Ferrol” durante a súa xornada matinal de traballo no pavillón polideportivo da Malata. O primeiro edil acudiu a este encontro acompañado pola concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós.
Esta actividade reúne dende o pasado martes cidade naval a case 50 deportistas, entre elas as compoñentes do Club Esquío Ferrol. A iniciativa organizada pola club ferrolán en colaboración ao Concellería de Deportes do Concello de Ferrol acollerá mañá unha exhibición para mostrar o traballo que as ximnastas realizaron durante toda a semana.











