Rey Varela repasa cos veciños de Santa Icía, San Felipe e Brión as obras de mellora realizadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o barro de Santa Icía e as parroquias de San Felipe e Brión, lugares en que mantivo reunións de traballo cos representantes veciñais coa finalidade de repasar as melloras e actuación de conservación e mantemento levadas a cabo nos últimos días ao abeiro do Plan de Barrios. Fíxoo acompañado dos concelleiros de Servizos e Zona Rural, Borja Carro e José Polo, respectivamente; así dos técnicos municipais supervisores dos servizos que son competencia do Concello de Ferrol e que ou ben presta directamente a Administración local ou leva a cabo a través de empresas concesionarias.

Ademais de repasar as intervencións executadas en cada un destes sitios, Rey Varela tomou nota das suxestións e novas demandas veciñais. Ao respecto, o primeiro edil da cidade sinalou ás directivas veciñais que a vindeira semana os servizos municipais seguirán traballando nestas zonas para completar os traballos. Este será o caso, por exemplo, do servizo de Mantemento de Infraestruturas e Viarios –que continuará coas tarefas de aglomerado e arranco de fochancas en Santa Icía; e hoxe mesmo comezarán a traballar en San Felipe-; e tamén se instalarán algúns espellos naqueles cruzamentos sinalados polas xuntas de veciños.

Así mesmo, o rexedor ferrolá aproveitou a súa visita a San Felipe para explicar a proposta de saneamento para esta parroquia do rural. As grandes cifras desta intervención pasan por a realización de 2 quilómetros de canalizacións, a construción de 26 pozos, 21 conexións a vivendas e 1.600 metros cadrados de rego. O investimento estimado na estación depuradora que dará servizo á zona de actuación de San Felipe. A Graña e a Cabana ascende a un total de 693.718 euros. “A intención do Goberno Municipal é recoller as suxestións e responder ás dúbidas que poidan ter os veciños ao respecto desta proposta de saneamento”, explicou Rey Varela, quen engadiu que o horizonte temporal co que traballa o Goberno Municipal é que as obras de saneamento no rural queden licitadas e adxudicadas antes de que finalice o presente mandato.

Melloras

No que atinxe ás actuacións acometidas en cada un destes lugares dentro do Plan de Barrios, o alcalde repasou as máis significativas. Estas son:

En Santa Icía:

… Mantemento de viarios: 32 actuacións de aglomerado na estrada de Santa Icía e no Camiño de Pousada.

… Limpeza: Limpeza viaria e baldeo e varrido mecánico; comprobación de rejillas e sumidoiros; lavado e reparación de colectores e papeleiras.

…  Pintado e sinalización: 5 pasos de peóns, outros  tantos stops e 2 cedas.

… Iluminación: Limpeza de 53 columnas con pegatinas e reparación de 3 difusores rotos.

… Auga: Detección e reparación de fugas; revisión de válvulas e arquetas e inspección de bocas de rego e tapas e pozos de rexistro.

… Parques e xardíns: Traballos de mantemento de 10.170 metros cadrados no parque de Santa Icía (Urbanización Albatros) e Río Inxerto.

… Parques infantís: Revisión de xogos, limpeza e reposición de lousas no parque infantil da urbanización Albatros.

Ademais destas tarefas de mantemento, o alcalde de Ferrol anunciou á Asociación de Veciños de Santa Icía a próxima  reparación do viario entre San Pedro de Leixa e O Pico, que comunica co antigo Hospital Naval. Ao respecto, Rey Varela explicou que estas obras se atopan en proceso de licitación e que estarán executadas antes de que remate o ano. O investimento nesta intervención ascende a 80.000 euros. Por último, no que atinxe a Santa Icía, Rey Varela tamén anunciou actuacións de mellora no camiño da Pega.

En Brión – San Felipe:

… Mantemento de viarios: 14 actuacións de aglomerado finalizadas e 3 en proceso. Nos vindeiros días, as tarefas de aglomerado continuarán nas estradas de San Felipe e na que vai de San Cristovo a Brión.

… Limpeza: Baldeo mecánico, comprobación de rejillas e sumidoiros, chapeo de beirarrúas e lavado e reparación de papeleiras e colectores.

… Pintado e sinalización: 7 cedas e 1 stop. Colocadas 5 sinais verticais.

… Desbroces: 4.172 metros lineais de desbroces de marxes de camiños. Estas tarefas continuarán en Brión ao longo da vindeira semana.

… Iluminación: Arranxo de difusores en mal estado.

… Auga: Actuacións de mantemento preventivo, con arranxo de válvulas e arquetas de válvulas e inspección de bocas de rego e hidratantes, e limpeza de sumidoiros.

… Mantemento de zonas verdes, segas e podas. Estas tarefas continuarán ao longo da vindeira semana.

Ademáis, Rey Varela indicou aos veciños de Brión que este mesmo mes responsables de Emafessa explicarán no local veciñal a proposta de saneamento que ten o Goberno Municipal para esta parroquia do rural.

Rematada a primeira fase do Plan de Barrios

As visitas a Santa Icía, San Felipe e Brión puxeron o punto e final á primeira fase do Plan de Barrios, unha idea anovadora que o Goberno Municipal de Ferrol puxo en marcha o pasado mes de febreiro. Dende entón e até hoxe, o alcalde de Ferrol –acompañado de concelleiros do executivo local e dos técnicos municipais que supervisan os servizos do Concello- visitou un total de 23 zonas da cidade que abarcan 82 metros cadrados de superficie, mantendo en todas elas reunións de traballo cos representantes veciñais.

Rey Varela lembrou que o Plan de Barrios “é o resultado da coordinación de todos os servizos municipais, e ten dúas finalidades básicas: A primeira, mellorar, pouco a pouco, a imaxe da cidade así como a percepción que os veciños e veciñas teñen dos diferentes servizos municipais; e a segunda, manter un contacto permanente coas necesidades do día a día”. O alcalde garantiu a continuidade do Plan de Barrios durante todo o que resta de mandato, polo que dende o Concello de Ferrol xa se está traballando na segunda fase do mesmo coa finalidade de poñela en marcha canto antes. “O Plan de Barrios garante que todas os barrios e parroquias de Ferrol terán a mesma atención,  con independencia de que se trate do centro da cidade ou do extrarradio ou do rural, cunha semana en cada un deles na que intensificamos a presenza nos mesmos dos servizos municipais”, dixo. Por último, Rey Varela manifestou que esta iniciativa “partiu da necesidade de poñer ao día os nos barrios e parroquias, rematando con anos de abandono e falta de mantemento na cidade”.

31 de xullo de 2013 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.