Rey Varela recibe ao novo comandante da 31 escuadrilla de escoltas, Benigno González-Aller Gross

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Rey Varela na recepción a Benigno González-Aller

Rey Varela na recepción a Benigno González-Aller

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, deu hoxe a benvida á cidade ao capitán de navío Benigno González-Aller Gross, que asume o mando da 31 Escuadrilla de Escoltas, con base na cidade naval. Esta visita protocolaria tivo lugar no despacho de Alcaldía, e tamén serviu para despedir ao anterior responsable militar desta flota, o tamén capitán de navío Aniceto Rosique Nieto, que cambia de destino e deixa a cidade naval.

 Rey Varela desexou aos dous responsables militares sorte nas súas novas misións ao servizo da Armada e tanto ao comandante entrante como ao saínte expresoulles o seu desexo de que a cidade de Ferrol deixe unha pegada grata nas súas vidas. A modo de agasallos institucionais, rexedor municipal entregoulles un libro sobre pintores locais, titulado “A Nosa Pintura”, así como unha placa conmemorativa.

 Ademais, o primeiro edil da cidade ten previsto acudir mañá ao acto oficial de entrega de mando da 31ª Escuadrilla de Escoltas ao comandante Gonzalez-Aller Gross, que terá lugar a bordo da fragata “Almirante Juan de Borbón”, no Arsenal Militar.

18 de xullo de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.