Rey Varela recibe a Manuel Romasanta Pavón, o novo director da Escola Antonio Escaño da Armada Española

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Rey Varela e Romasanta Pavón

Rey Varela e Romasanta Pavón

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, deu hoxe a benvida á cidade ao novo comandante-director da Escola Antonio Escaño, Manuel Romasanta Pavón, que acudiu acompañado polo militar ao que relega, Federico Supervielle Pérez. Este último deixa o centro de formación da Armada en Ferrol para incorporarse á División de Operacións do Estado Maior da Armada.

Rey Varela desexou aos dous responsables militares sorte nas súas novas misións ao servizo da Armada. A modo de agasallos institucionais, o primeiro edil da cidade entregoulles un libro sobre pintores locais, titulado “A Nosa Pintura”, así como unha placa conmemorativa.

19 de xullo de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.