Rey Varela asiste aos bautismos de mar para persoas con discapacidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
O alcalde cos participantes no bautismo de mar

O alcalde cos participantes no bautismo de mar

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asisitiu este mediodía aos bautismos de mar para colectivos con discapacidades que está a levar a cabo a Federación de Persoas con Discapacidade da provincia da Coruña coa participación da Confederación Galega de Minusválidos (Cogami). Ademais do primeiro edil da cidade, sumáronse á actividade o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Jose Manuel Vilariño Anca, e a concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro.

Grazas a esta iniciativa persoas de Ferrol e comarca con discapacidade poden percorrer en veleiro a ría. Os bautismos de mar comezaron na xornada de onte e continuarán até o sábado, e nos dous días que se leva facendo esta actividade en Ferrol xa son ao redor de 40 as persoas que teñen participado. Rey Varela felicitou a Cogami por esta iniciativa, que permite “coñecer a este colectivo de persoas a nosa ría e, ademais, apreciar o que se sinte ao navegar”. Neste sentido, o rexedor ferrolá destacou o importante traballo que fai Cogami para “facer posible que cada vez máis xente poida facer calquera tipo de actividade, vencendo as dificultades e barreiras”.

5 de xullo de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.