Reurbanización da zona de Atocha Baja

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Tarefas de adecuación

Tarefas de adecuación

As obras da quella de Atocha Baja inclúen o derrubamento do tapón urbanístico e a reurbanización da zona. Cun presuposto de 234.000 euros, o proxecto da Concellaría de Infraestruturas responde a unha demanda veciñal e ao compromiso adquirido polo alcalde, Carlos Negreira, de buscar unha reforma consensuada cos residentes.

Concluídas as obras de demolición, agora empezan os traballos de urbanización. Esta actuación, iniciada a principios de xuño e cun prazo de execución de seis meses, permitirá non só a eliminación do tapón urbanístico que orixinaban as edificacións existentes (o número 28 da rúa Atocha Baja e os números 2, 4 e 6 da quella de Atocha Baja), senón tamén a peatonalización da quella de Atocha Baja e a súa unión coa rúa Orillamar a través dunha escalinata e unha rampla. Ademais, aproveitaranse as obras para plantar árbores e instalar mobiliario urbano.

10 de xullo de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.