publicidade hoxe

Reúnese o xurado do Premio María Amelia 2013 que recoñece a labor en prol do patrimonio da veciñanza de Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMuxía
A-
A+

Hoxe reuniuse o xurado do Premio Maria Amelia 2013, un premio co que o Concello de Muxía quere recoñecer o traballo dauqelas persoas a prol do patrimonio material e inmaterial de Muxía e a súa bisbarra, e a promoción de valores positivos entre a veciñanza.

O Alcalde Félix Porto presentou na reunión a proposta de Alcaldía de entregar o premio aos dous candidatos de este ano: Xosé Búa Trillo, responsable da web.piratasdemuxia.es, dende a que se promocionan o deporte e o patrimonio muxián, ademais de dar difusión aos actos culturais que se desenvolven no municipio ,prestando grande dedicación e tempo a este traballo; e a Jesús Toba Novo, conserxe do CEIP Os Muíños , coautor dos libros do Corvo Roque , e persoa moi entregada á dinamización dende este centro educativo, colaborando en moitas actividades culturais. O seu traballo é moi valorado polas familias muxiás.

O xurado aprobou esta proposta do Alcalde e o premio será entregado aos dous candidatos o día 31 de agosto.

31 de xullo de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.