Representantes de Ponte Caldelas copan dous dos tres puestos do podium do Campionato Galego de Domino

Representantes de Ponte Caldelas no certame
As parellas de Ponte Caldelas formadas por Rafael Villariño e Manuel Nogueira e Javier Nogueira e Carlos Ricón lograron o segundo e terceiro posto, respectivamente, do Campionato Galego de Dominó disputado no municipio coruñés de Cambre, organizado pola Federación Galega desta disciplina. Os lalinenses Oswaldo Vilariño e José Alonso conquistaron o torneo nun apaixonante e apertado duelo cos representantes de Ponte Caldelas.
Tanto Rafael Villariño coma Manuel Nogueira e Javier Nogueira e Carlos Ricón, da Asociación Cultural Recreativa de Ponte Caldelas, certificaron novamente con este resultado que o municipio é unha referencia a nivel galego na práctica do dominó, non só coa consecución de dous dos tres principais postos da competición senón porque o campionato que todo os anos realiza esta sociedade caldelana, que conta con 62 socios en activo, é o máis concorrido de cantos se celebran.
Por este e outros motivos, os representantes de Ponte Caldelas reclaman agora á Federación Galega de Dominó a presenza dos dous finalistas no Campionato de España ao que só concorrerá, polo momento, a parella lalinense vencedora do torneo, por escasa marxe.
Rafael Villariño e Manuel Nogueira non lograron o primeiro posto do Campionato Galego de Dominó por unha escasa diferenza de puntos xa que empataron a vitorias cos vencedores, pero o sistema de aplicación de puntos nas partidas clasificatorias botou un resultado que beneficiou aos represenantes de Lalín.
Malia todo, os represenantes de Ponte Caldelas recibiron con alegría a clasificación, en segundo e terceiro lugar, e foron obsequiados cunha preciosa carabela de prata que loce xa nas vitrinas da Asociación Cultural Recreativa Ponte Caldelas que ten no Bar Fidel o seu cuartel xeral.











