Reparto de alimentos en Malpica
No día de hoxe efectuouse o primeiro reparto de alimentos, dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Malpica, grazas a un convenio de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia.
A través deste convenio cúbrense as necesidades básicas de vinte familias, as cales recibirán os alimentos tódolos meses.
No día de hoxe estiveron realizando o reparto o alcalde, Dº Eduardo José Parga Veiga, o tenente alcalde Dº Miguel Fernández Mirás e a concelleira de servizos sociais Dª Mª Soledad Blanco Gorín, así como persoal diverso de servizos sociais.











