publicidade hoxe

Remate das obras de canalización en Castro e Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Obras de canalización finalizadas

Obras de canalización finalizadas

Na derradeira semana foron rematadas varias obras de canalización de auga en Castro e Sar. Nestes lugares, con motivo da construcción da vía do tren de Alta Velocidade estábanse a producir continuos anegamentos por mor da chuvia que provocaban importantes prexuizos nas propiedades afectadas. Despois de varios meses de negociacións tanto con Adif como cas empresas constructoras,  púdose chegar a un acordo que permiteu afrontar estas obras que supoñen unha mellora considerable sobre o proxecto inicial. A construcción de canalizacións para a recollida da auga da chuvia, xunto cos desterres das obras conlevou o aumento do cauce nos regatos tradicionais e o arrastre de terras que provocaron o desbordamento continuo dos regatos e o anegamento de propiedades. Por parte do goberno do Concello de Dodro, se están levando a cabo todas as xestións posibles para que estes problemas queden resoltos e no vindeiro inverno non se repitan tal e como sucedeu no pasado ano.

17 de xullo de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.