Recomendacións para unhas festas do Apóstolo seguras
Por motivos de seguridade restrinxirase o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño á Praza do Obradoiro a noite do 24 de xullo. Na mañá do 25 de xullo, durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, a restrición afectará á propia Praza do Obradoiro e á Catedral.
Habilitarase como consigna o PAVILLÓN DE SANTA ISABEL (situado en Galeras-Salvadas) no seguinte horario:
– Día 24: de 19.00 h. a 1.00 h.
– Día 25: de 9.00 h. a 14.00 h.
24 DE XULLO
– Dende as 15:00 horas do mercores 24 de xullo, queda prohibido estacionar na rúa Costa Vella, restrición que se estende ata o remate dos fogos (noite do 24).
– Na rúa Carretas quedará prohibido o estacionamento e a circulación desde as 08.00 horas do 24 ata as 16.00 h do día 25.
O día 24 de xullo a restrición de acceso á praza do Obradoiro aplicarase a partir das 20.00 horas, momento en que quedará pechada para facilitar o acceso do público ao espectáculo e o dispositivo de seguridade do mesmo.
Ademais, infórmase aos residentes de que non se poderá aparcar na praza de Raxoi dende as 20.00 horas deste día 24 ata as 16:00 horas do día 25.
CORTES DE TRÁFICO E ACCESO PEONIL
– Dende as 21.00 horas cortaranse ao tráfico as seguintes rúas: Xoán XXIII (tramo entre avenida do Burgo e San Francisco)-Costa Nova-Castiñeiros entre Morón e San Francisco e costa de San Francisco.
– A partir das 22:30 horas prohibirase o tránsito de peóns nas rúas Xoán XXIII entre o cruce do Burgo e San Franciso, Costa Nova-Xazmíns, Costa Vella-Porta da Pena, Xoán XXIII-Castiñeiros.
RECOMENDACIÓNS DE TRÁFICO E ESTACIONAMENTO
Debido á intensidade do tráfico na noite do 24 de xullo, recoméndase aos condutores a utilización da AP-9 para a circunvalación da cidade.
Lémbrase a importancia de prestar atención aos paneis variables situados nas entradas o casco urbano e sobre todo os ubicados na AP-9 e no periférico.
En canto ao estacionamento, recoméndase aparcar os vehículos fóra do centro e evitar o tránsito polas súas inmediacións.
25 DE XULLO
Na mañá do 25 de xullo, o paso restrinxido pola praza abarcará das 9:00 ás 14:00 horas.
Este mesmo día e por mor das manifestacións que sairán da Alameda, recoméndase aos condutores evitar o entorno da praza de Galicia entre as 11.30 e as 14.30 horas.
Dende o Departamento de Seguridade Cidadá do Concello prégase desculpen as molestias que estas medidas poida ocasionar.











