Recepción en Santiago aos sete nenos saharauís do programa “Vacacións en paz”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Foto de familia cos cativos

Foto de familia cos cativos

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e outros membros da Corporación recibiron a tres nenas saharauís que están a participar en Santiago no programa Vacacións en paz. No encontro participaron tamén as súas familias acolledoras; a representante da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla; e o delegado saharauí para Galicia, Alali Emboiric Mohamed. En total son sete os nenos e nenas saharauís que pasan as súas vacacións con outras tantas familias compostelás. En Galicia, o programa Vacacións en paz trouxo este verán a 321 rapaces.

O alcalde expresou a súa satisfacción porque Santiago demostre o seu carácter de cidade solidaria e de acollida con esta iniciativa, que se repite cada verán coa colaboración municipal, grazas á cal se sufragan os billetes de avión dos nenos e nenas saharauís.

17 de xullo de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.