Recepción da comarca de Lemos ao Real Club Deportivo da Coruña
Os concellos de Pantón e Monforte e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ofrecerán mañá xoves, día 18 de xullo, unha recepción oficial ó Real Club Deportivo da Coruña, equipo que está realizando a súa pretempada na comarca de Lemos.
A recepción será ás 13:15 horas na Casa do Concello de Pantón e á mesma asistirán os alcaldes dos dous concellos, o presidente do consorcio, o adestrador e os capitáns do Deportivo da Coruña.











