Recepción á delegación coruñesa dos Xogos do Eixo Atlántico

Foto de familia coa delegación coruñesa
O alcalde, Carlos Negreira, recibiu esta semana no Pazo Municipal de María Pita á delegación que representou á cidade da Coruña na décima edición dos Xogos do Eixo Atlántico, celebrados en Guimaraes (Portugal).
Negreira agradeceu aos 113 mozos da delegación coruñesa, así como aos 18 técnicos que os acompañaron, que participasen nesta proba, na que competiron 1.300 persoas. De feito, A Coruña foi a delegación que presentou un maior número de participantes nesta nova edición dos Xogos do Eixo Atlántico, obtendo postos destacados en categoría feminina e masculina, así como en diferentes modalidades deportivas, como baloncesto, atletismo ou natación.
O alcalde animou estes mozos a seguir practicando deporte, pois axuda a inculcar valores tan importantes como o compañeirismo e o traballo en equipo. Na recepción oficial no Salón de Plenos do Concello, Negreira estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo.











