Realizado con éxito un simulacro de incendios nas escolas infantis de Serra de Outes e Gregorio Sanz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+
Instante do simulacro nunha das escolas

Instante do simulacro nunha das escolas

O Concello de Lugo levou a cabo durante a mañá de hoxe un simulacro de incendio nas escolas infantís Serra de Outes e Gregorio Sanz dentro dun plan de autoprotección que ten como obxetivo coñecer os edificios e as súas instalacións, garantir a fiabilidade dos medios de proteción dispoñibles e das instalacións xerais, evitar as causas de orixen de emerxencias e de dispoñer de persoal organizado e formado que garantice a eficacia nas accións a emprender para o control das emerxencias.

Nos simulacros participaron en total 61 nenos e nenas e 10 adultos por cada unha das escolas infantis e dispúxose da axuda dos bombeiros municipais, da Policia Local e de Protección Civil.

4 de xullo de 2013 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.