Quiroga xa traballa na organización da XXII Mostra do Mel
O Concello de Quiroga, está a traballar na organización da XXII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA, que terá lugar o sábado día 10 de agosto coincidindo coa feira mensual máis importante do ano e nesta edición coas festas de verán de Quiroga.
Puntual a súa cita de todos os veráns durante 21 anos, este evento gastronómico ten como obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o aceite ou as castañas.
A programación variará pouco con respecto ás anteriores edicións, daquela haberá un acto de inauguración ás 11 horas e os postos de venda e exposición de mel e outros produtos típicos da zona, estarán a disposición de quen o desexe dende primeiras horas da mañá ata despois do xantar.
Como xa sucedera na anterior edición da mostra, a Delegación de Cultura mediante o Museo Etnográfico de Quiroga, organiza un fiadeiro tradicional, no que poderán observarse os procesos do traballo tradicional coa la de ovella e nesta ocasión coa colaboración dos artesáns de Campos de Vila da carpintería “Armaoir” tamén haberá unha demostración do traballo da madeira, no mesmo recinto da Mostra do Mel.