publicidade hoxe

Propostas culturais da Concellaría de Cultura de Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

A Concellaría de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe informa que o vindeiro xoves 18 de xullo, darás comezo os espectáculos da programación cultural organizada para este verán e que durarán até o 24 de agosto con Pés de Rúa os xoves, Certame da Canción Mariñeira, Día da Gaita, Festas patronais, Atardecer Poético e Certame de Poesía Antón Zapata García.

Cabe resaltar que este ano, a programación establecida para os xoves terá un carácter máis variado que o ano pasado, combinando diferentes xéneros culturais, como son o circo, a maxia, o clown e as marionetas. Como sempre, trátase dunha programación cultural pensada para todos os públicos e todas as idades.

Este xoves 18, ás 20 horas a Praza de Ramón Juega convertirase en escenario para o Mago Dani García. Este xoven mago que xa coñecemos en Laxe, nesta ocasión, achéganos un novo espectáculo: “Don Gelati”, que el mesmo describe e resume así:

“Un brillante día de sol, chega á praza do pobo un vendedor de xelados co seu característico carriño, para endulzar os paladares y sacar un sonriso ós que alí viven. Pero este non será un día coma os demais… Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados. O tempo apremia e ten que arranxalo todo antes de que o sol nos deixe sen os seus frescos doces

Trátase dunha obra de teatro xestual, onde un guión cheo de maxia, malabares, clown e a intervención do público, levan a Don Gelati ó límite da súa imaxinación e inxenio”.

17 de xullo de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.