Programación cultural de agosto en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

16072013-1Un ano mais, o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación cultural para o mes de agosto.

Actividades pensadas para o disfrute de todo tipo de público, con actividades para todas as idades e gustos, con festas, concertos, actividades deportivas ……, en fin un agosto completo, con todo tipo de actividades ao aire libre, entre o Parque Público, a Praza do Concello e o Recinto Amurallado.

3 de agosto

O Son da Muralla no recinto amurallado

9 de agosto

Festival de Bandas. Ás 22.30 h. coa Banda de Música de Salvaterra e Banda de Música de la Villa de Alagón na Praza do Concello.

16 e 17 de agosto

Mostra de Artesanía e Oficios Artesáns. No parque público“A Canuda”

17 de agosto

Festival Internacional de Karaoke, no recinto amurallado.

23, 24 e 25 de agosto

Festa do Viño do Condado, no recinto amurallado.

Venres 23

Inauguración. Actuación da Banda de Gaitas de Pontevedra. Grupos de baile: “Ondiñas do Mendo” e “Sa Colla”(S. Rafael – Ibiza). Concerto da Banda de Música de Salvaterra. Concerto de “La Mafia” (Vigo). Entrada de balde.

Sábado 24

Quedada BTT ás 9.30 h. Travesía a nado 17.00 h. Concurso de “Tarecos”ás 18.00 h. Concerto de “Amancio Prada” e “Xoel López”. Entrada de balde.

Domingo 25

Concerto do grupo folk “Can de Palleiro”. Entrada de balde.

16 de xullo de 2013 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.