publicidade hoxe

Programa de conciliación na montaña coruñesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+

Ó longo do mes de xullo desenvolveuse no Centro de Ocio Infantil do concello de Curtis unha serie de actividades lúdico – educativas dirixidas a rapaces e rapazas e destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos seus pais e nais. A iniciativa, enmarcada dentro do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa subvencionado pola Deputación da Coruña, xa se tivo celebrado durante as vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa. Na presente edición inscribíronse un total de corenta e seis participantes de idades comprendidas entre os tres e os doce anos.

Entre as actividades realizadas destacan os xogos populares, acuáticos e con paracaídas, as manualidades e os contacontos, cos que se traballou a interiorización do principio de igualdade entre homes e mulleres. Por outra banda os nenos e nenas fixeron unha saída á Feria de Curtis, realizaron unha ruta polo Mandeo, coa visita ó Centro Etnográfico, e participaron na campaña de reciclaxe “Separemos ben,  reciclaremos mellor” promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras xunto con Sogama e os Sistemas Integrados de Xestión Ecoembes, Ecopilas e ERP.

24 de xullo de 2013 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.