Programa da XXX Mostra de Olería de Buño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMalpica de Bergantiños
A-
A+

O vindeiro venres, día 2 de agosto ás 18:00 horas, terá lugar na Casa do Oleiro, en Buño (Malpica de Bergantiños), o acto inaugural da XXX Mostra de Olería de Buño, que se prolongará ata o domingo día 11 do mesmo mes.

Programa para a XXX Mostra da Olería

Dende o 2 ata o 11 de agosto poderedes disfrutar das seguintes actividades na:

Casa do Oleiro, A Camposa – Buño (Malpica)
De 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

Planta baixa:
Exposición “Os Nosos Oleiros”
Obradoiro de barro para nenos, tódolos días de 17:00 h. a 20:00 h.
Música e danza tradicional, animación de rúa e novo circo, tódolos días a partir das 19:00 h.

1º Andar:
Exposición “Oleiros de Buño”
Exposición de carteis de tódalas mostras
Esposición de Pintura “De colores”. Pilar Pastoriza
Exposición de Pintura ao Oleo (Asociación de Amas de Casa de Malpica e Aula de Pintura de Corme)

Carpa:
Stands de venda dos oleiros
Exhibicións dun oleiro no torno, tódolos días de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.

Ecomuseo do Forno do Forte:
Horario de apertura de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

Venres 2 de agosto de 2013: Xornada inaugural

17.00 h. IX Encontros de música e danza tradicional
A.C. Carcaxía
A.C. Raigañas
A.C. Malante
18.00 h. Acto oficial de inauguración
18.30 h. Visita ás dependencias da Mostra da Olería

Sábado 3 de agosto de 2013: Olería e tradición

11.00 h. Carga do forno (Ecomuseo Forno do Forte)
15.00 h. Prendido do forno (Ecomuseo Forno do Forte)
19.00 h. Kanbahiota. Vaia Circo¡
21.00 h. Festa da Carroa e actuación de Fol de Veneno (Ecomuseo Forno do Forte)

Domingo 4 de agosto de 2013: Olería e tradición

10.00 h. Ruta da Olería
11.00 h. Descarga do forno
19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Malante

Luns 5 de agosto de 2013

19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Raices Combinadas

Martes 6 de agosto de 2013: Os nenos na olería

17.00 h. Concurso de modelado e xogos para nenos/as
19.00 h. Entrega de premios e agasallos a gañadores/as e participantes

Mércores 7 de agosto de 2013

11.00 h. Visita da Ludoteca Infantil ó Ecomuseo “Forno do Forte”
11.30 h. Visita da Ludoteca Infantil á Mostra da Olería (Avisar Monitores/as do barro)
19.00 h. Os Sete Magníficos Máis Un. A Historia de Brancafror

Xoves 8 de agosto de 2013

19.00 h. Isla LeTrisca. Inmóbile

Venres 9 de agosto de 2013

19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Carcaxía

Sábado 10 de agosto de 2013

19.00 h. Circo Chosco. Chosco Voando¡

Domingo 11 de agosto de 2013: Xornada de Clausura

18.00 h. Trofeo Mostra Olería de Futbol: Malpica S.C.D. – U.D. Cerqueda – Buño S.D. (Campo de Futbol de Xaviña)
19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Raigañas
19.45 h. Sorteo de lote de pezas
20.00 h. Acto de clausura da XXX Mostra da Olería de Buño

22 de xullo de 2013 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.