Preto de 60 grupos preséntanse ao concurso coruñés do Noroeste Pop Rock
A Concellaría de Cultura, informa de que o proceso de elección dos 4 grupos que abrirán os concertos do Noroeste Pop Rock contará coa participación de 58 bandas da comunidade.
Trátase da primeira fase desta iniciativa pioneira da que sairán dúas bandas de rock e outras dúas de pop a través dun sistema mixto formado por un xurado profesional e o público e que incentiva dende A Coruña a creatividade dos músicos galegos.
Os grupos que se presentaron son os seguintes:
Seisssenseis – Bourbon Queen – Morgen – Tony Torres & Five Strings Band – Nostatic – Moondogs Blues Party – Dreams of Dolly Sheep – La Tercera Vencida – Chotokoeu – El Extraño – Kurwa – Someplace – Lady Leño Banda – Bristol Grupo – Yul iano – MLK – La Senda de Afra – Slammin Thru – Doctor Snob – The Drives Tones – Embora – Acid Proyect – Lonely Coaster – Frank Psikiatra – Anima – Snail – Best Life (Under Your Seat) – The Younger Boys – Sandford Music Factory – Insolvents – Strikeback – Licopodio – Los22 – Doctor Gringo – Hexany – En Casa del Herrero – Los Árboles – The Gone & Lost – Shine – La Banda del Camión – Ardora – Pablo Bicho Grupo – Senetud Sideral – Fracasados de Antemano – Julio Suárez & The Backyards – Pülsar – Sabdios – Strike Back – Charly Fo – After All – Ekilibrio – Malpaso – Na Bretema Fenix – The Zipper – Fagot y Popota – Maik – Primrose Band – Robys Band
A partir de aquí, o xurado reunirase para escoitar os traballos presentados e preseleccionará de entre os participantes a oito grupos. Os días 15 e 16 de xullo farase a selección final, cunha actuación en directo dos preseleccionados na Sala Túnel do Coliseum, con acceso gratuíto a través de convite. Desta selección elixiranse aos catro grupos que actuarán en directo no Noroeste Pop Rock, que se celebrará na praia de Riazor os días 9 e 10 de agosto.
O día 9 de agosto actuarán os dous mellores grupos de modalidade pop, segundo se clasificasen. O segundo clasificado actuará ás 21.30 horas e o primeiro clasificado ás 22.15 horas. O día 10 actuarán os dous mellores grupos de modalidade rock, actuando o segundo clasificado ás 20.30 horas e o primeiro clasificado ás 21.15 horas. Cada actuación terá unha duración de 45 minutos.











