publicidade hoxe

Presentación do cartel do Festórreo de Lira 2013, no Concello de Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarnotaLocal
A-
A+

02072013-1A Asociación Cultural Canle presenta o cartel do Festórreo 2013, que terá lugar o vindeiro 6 de xullo na eira do hórreo de Lira.

Este ano cambia o formato da tradicional Festa da Empanada que ven organizando a asociación nos últimos tempos, mais sen perder a súa esencia: comida tradicional, humor e música, todo isto agora no mesmo día.

O Festórreo comezará ás 19:00 h cunha degustación de empanada de millo, amenizada polos gaiteiros da ANPA do CEIP de Carnota e pola Liga Gaiteira Galega.

Ao caer a noite volverá o humor do noticiario máis famoso da costa, o Canle Nius, coa súa aliñación titular (Belén da Cregha, Xaquín da Burrica e Miguel de Lira) e artistas convidados da talla de Federico Pérez, Tonhito de Poi e outras estrelas locais.

Ao remate do Canle Nius comezarán os concertos, da man da Banda Crebinsky, Pablo Balseiro e a Banda de Poi.

Dará o peche o Gran Bruxo da Costa da Morte, co conxuro da queimada.

A Asociación Cultural Canle convídavos a compartir un gran serán de verán.

2 de xullo de 2013 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.