Presentación da Xira Karting na Coruña

Presentación da Xira Karting
O responsable municipal de Deportes, Francisco Mourelo, acompañado do vicepresidente da Deputación e concelleira do Concello da Coruña, Mariel Padín, recibiu no Pazo Municipal de María Pita os organizadores de Xira Karting. A actividade celebrarase esta semana, entre os días 4 e 7 de xullo, no Pazo Municipal de Deportes de Riazor.
O Concello colabora na organización de Xira Karting coa repartición gratuíta dun número limitado de entradas para grupos escolares (3º Ciclo de Educación Primaria e ESO). Será os días 4 e 5 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 horas. Todos os nenos deben acompañar unha autorización dos seus pais ou dun titor que sexa maior de idade.











