Posta á venda das entradas para a Festa do Pulpo do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Este luns, 29 de xullo, poñeranse á venda as entradas para o recinto oficial da Festa do Pulpo 2013.

Os interesados deberán adquirilas na oficina de recadación do concello do Carballiño, dende o citado día 29 de xullo, en horario de mañá, de luns a venres.

Poñeranse 1.000 entradas á venda, sendo o seu prezo o mesmo que o ano pasado 30 euros, no que se inclúe todo o menú tradicional da Festa do Pulpo (empanada, carne ou caldeiro, polbo a feira, doce, café, viño e refrescos, e queimada)

26 de xullo de 2013 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.