Posposto o curso de fructicultura organizado polo Concello en colaboración coa AGFA do Eume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSan Sadurniño
A-
A+

O Concello anuncia que se pospón o curso de fructicultura organizado para estas datas en colaboración coa AGFA do Eume. Mantense aberto o prazo de inscrición e marcaranse novas datas de celebración tan pronto como se xunte xente suficiente.

O curso terá unha duración de 21 horas e para participar nel hai que ser maior de 18 anos e inscribirse antes na casa da Cultura. Ten un prezo de 25 euros por persoa e ofrécense 25 prazas, aínda que será necesario xuntar un grupo mínimo de 15 participantes para levar a cabo a actividade.

As clases desenvolveranse ás sete da tarde e rematarán ás dez da noite. Impartiranse na propia casa da Cultura e na horta de froiteiras do país situada no lugar da Cortiña, ao pé do río. As datas definiranse tan pronto como se alcance a inscrición mínima.

O profesorado serán expertos pertencentes á Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume, unha entidade coa que o Concello ten suscrito un convenio de colaboración que inclúe o mantemento anual das froiteiras e tamén a organización de accións formativas.

1 de xullo de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.