Posposta a entrega de diplomas dos cursos “Activate” en Tui
Este mércores, 10 de xullo ás 11,00 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui a entrega de diplomas aos alumnos participantes nos cursos do programa “Actívate” promovidos póla Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Tui. Esta entrega prevista para hoxe luns aprazouse para este mércores.
Neste acto estará presente o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o deputado provincial, Pablo Baquero Álvarez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes.











