Porto do Son inicia a súa movida urbana

Presentación da “movida urbana”
Hoxe luns 15 de xullo tivo lugar na Casa da Cultura de Porto do Son o acto de presentación dunha nova edición da movida urbana de Porto do Son. Ó acto acudiron o Concelleiro da área de turismo, deportes e festexos, José Manuel Deán, e a Concelleira de economía, facenda, persoal e tramitación administrativa, María José Maneiro.
Preto de 300 nenos acudirán este ano a actividade que se vai a desenvolver entre o 15 de xullo e o 29 de agosto e que terá os seus puntos de encontro en Portosín, Porto do Son e Xuño.
A actividade vai encamiñada a conseguir que os nenos e nenas de entre 4 e 14 anos, poidan gozar de obradoiros, paseos pola praia, xogos populares, etc., todas estas actividades van estar dirixidas por un grupo de 17 monitoras e varios voluntarios que se encargarán de velar pola
seguridade dos rapaces e rapazas de luns a xoves en horario de 10.00 ás 13.30 h.
O Concelleiro José Manuel Deán, resaltou na presentación que os nenos contan con toda a seguridade que lles permita os pais estar tranquilos ante posibles accidentes, pois o Concello conta con un seguro de responsabilidade civil. A súa vez resaltou a súa total confianza na labor
que van a desenvolver as monitoras, pois todas contan con unha longa traxectoria e a súa capacidade está de sobra demostrada.











