Pontevedra retoma o Festixeve e Cinema na lúa, e incorpora o 15 bolos e o Animatrón á programación festiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra retoma esta semana a axenda festiva e de lecer que suspendeu o pasado xoves con motivo do tráxico accidente ferroviario de Santiago, seguindo o mandato da Xunta de portavoces celebrada dese mesmo día.

A programación recupera as proxeccións de Cinema na lúa e o Festixeve, e incorpora o Animatrón e os 15 bolos que comeza hoxe mesmo nas distintas prazas do centro histórico da cidade. A segunda edición do 15 bolos celebrase dende hoxe e até o 2 de agosto. Farnase 5 concertos na praza da Verdura (ás 21.30 horas) e 8 na praza da Teucro (ás 22.30 horas).

A programación infantil das festas do verán comeza esta semana cunha nova edición do Animatrón que se celebrará dende mañá até o 2 de agosto nas Palmeiras, de 18 a 21 horas. Son actividades de animación, ludoteca, Constrúe a túa cidade, hinchables, disco infantil, actuacións: mago, home orquestra, circo escarranchado, paiasos. Tamén haberá obradoiros temáticos diarios como Son un mago, Son un artista, Xogos populares, Son un fan da Tv.

Mañá mesmo retómase a programación de Cinema na lúa a partir das 23.00 horas na praza da Pedreira. A carteleira é que segue:

• Martes, 30. Mientras duermes

• Mércores, 31. Intocable

• Xoves, 1 agosto. El caballero oscuro. La leyenda renace

• Venres, 2 agosto. Up

O Festixeve 2013 tamén se volve a meter en axenda esta semana, aínda que será dunha única xornada e cunha programación máis reducida. Celebrarase o vindeiro vernes, 2 de agosto, no Campo de Vilar de Fragoso de Santo André de Xeve.

As actuacións previstas a partir das 22.30 horas son as de La Tuna Rastafari, DJ Nonito Mondosonoro e Pandeiromus.

29 de xullo de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.