Pontevedra acolle o 5º torneo de fútbol-7 “Ponteverán Cafyd” para mozos entre os 14 e os 30 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Xuventude organiza xunto co Club Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFyD) e coa colaboración do Instituto Municipal dos Deportes, o 5º Torneo de fútbol 7 Ponteverán-CAFyD, que terá lugar esta fin de semana, o sábado 13 e domingo 14, integrado na programación municipal de verán dirixida a mozos e mozas.

Este ano participarán un total de 16 equipos, establecéndose os grupos por categorías:

– Cadete masculino (14-15 anos)

– Xuvenil masculino (16-18 anos)

– Sénior masculino (maiores de 18 anos)

O Torneo terá lugar nos campos de herba sintética da Xunqueira (Pontevedra) durante toda a xornada do sábado 13 de xullo (de 10 a 14 e de 16 a 20h) e a mañá do domingo (de 10 a 14h).

Este torneo nace da demanda dos mozos participantes nas actividades de fútbol sala e de fútbol 7 do programa Noites Abertas, xa que se trata da actividade máis exitosa e demandada en cada unha das edicións. A inmensa maioría de participantes son mozos e só algunha moza xoga cun dos equipos masculinos.

O Torneo estará coordinado un ano máis polo Club de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFyD), o mesmo que se encarga da coordinación de actividades deportivas no programa Noites Abertas dende o ano 2004.

12 de xullo de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.