Policía Local e Nacional investigan as sabotaxes con tinte á piscina termal das Burgas no Casco Vello de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

O Concello deu traslado esta semana aos corpos e forzas da seguridade do Estado a cadea de sabotaxes da que está sendo obxecto a piscina termal das Burgas, coa finalidade de que inicien unha investigación que permita deter aos autores deste delito contra o patrimonio, e para que establezan  os correspondentes sistemas de vixiancia ao obxecto de protexer o noso BIC más representativo.

Esta fin de semana rexistrouse unha nova sabotaxe, ainda que en menor intensidade que os anteriores, orixinado ao botar persoas descoñecidas na mañá do sábado pintura verde no plato da piscina termal das Burgas.

A posta en coñecenmento destes atentados contra o patrimonio xa fora realizada con anterioridade polo Concello e foi reiterada no dia de hoxe, trasladando de novo ás forzas de seguridade para que inicien as dilixencias necesarias para o esclarecemento dos feitos. Así mesmo, a Policia Local de Ourense continuou hoxe con indagacións no Casco Vello as xestións xa iniciadas para dar cos autores do acto vandálico.

Por outra parte, o luns, o servizos xurídicos do Concello estudiarán as medidas a tomar, así como o traslado dos feitos ao Xulgado para a determinación das accións a tomar ante a posible comisión dun delito contra o patrimonio.

O Concello de Ourense reitera o chamamento feito a tódolos veciños e usuarios das zonas termais para que poñan en coñecemento da Policía calquera indicio que poida conducir a determinar a autoría dos mesmos.

6 de xullo de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.