Pesar na Coruña polo falecemento de José Luis Muruzábal
O Goberno municipal quere expresar o seu máis profundo pesar polo falecemento de José Luis Muruzábal, presidente da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), avogado e, sobre todo, persoa solidaria, inclusiva e comprometida coa integración.
O Concello da Coruña e o seu alcalde, Carlos Negreira, traslada as súas condolencias, solidariedade e afecto aos seus familiares e amigos nestes momentos tan difíciles; así como aos membros da asociación á que dedicou gran parte da súa vida con gran cariño e devoción.
É indubidable que sempre deixará unha pegada imborrable na cidade. O Concello nunca esquecerá a súa loita incansable pola inclusión e a integración social. Sempre terá presentes a súa achega para mellorar a calidade de vida dos coruñeses e galegos que máis o necesitan.
Muruzábal encarnaba ese carácter excepcional que fai da Coruña unha cidade solidaria e aos coruñeses un pobo xeneroso e comprometido cos máis necesitados. A súa ausencia é irremplazable, pero o seu legado e o seu testemuño vital obríganos a todos a continuar a súa tarefa e a situarnos aínda máis preto se cabe daqueles aos cales consagrou a súa vida.
Agora, a mellor homenaxe está aquí, traballando para que A Coruña siga sendo unha cidade inclusiva, cun fuerto tecido asociativo e, en definitiva, esa cidade pola que tanto traballou José Luis Muruzábal.











