Peche da escola municipal de música Magariños en agosto e novo horario da biblioteca municipal de Brión
A biblioteca municipal de Brión estrea novo horario entre o 1 e 6 de agosto, nos que só abrirá de 10:00 a 13:30 horas. Entre o 7 e o 31 de agosto, as instalacións permanecerán pechadas. Durante o peche estival, as devolucións de libros emprestados poderán realizarse na Casa da Cultura, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:30 horas ou ben a partir do 1 de setembro na propia biblioteca.
Pola súa banda, a Escola Municipal de Música Magariños pechará as portas por vacacións dende o 31 de xullo ata o 1 de setembro. A escola volverá abrir as súas portas o 2 de setembro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas, e os martes de 16:00 a 19:00 horas.











