Pasarón acolle o XXXVII Trofeo Cidade de Pontevedra o vindeiro 6 de agosto
O Trofeo Cidade de Pontevedra de fútbol chega este ano á súa 37 edición. O trofeo disputarase nun encontro patrocinado polo Concello de Pontevedra, no que o Pontevedra Club de Fútbol enfrontarase ao Lugo no campo de Pasarón. Será o vindeiro 6 de agosto, a partir das 20.30 horas.
O encontro foi presentado esta mañá polo alcalde e o presidente en funcións do Pontevedra Club de Fútbol, José Manuel Fernández Rodríguez que fixeron un chamamento á afección para que acudan esta tarde ao campo de Pasarón para animar ao seu equipo.











