Panxón será escenario da coroación do Campión Galego de Balonmán Praia
O campionato Galego de Balonmán Praia coñecerá o seu desenlace esta semana en Nigrán coa disputa da última proba do circuíto, o mércores, e a fase final cos mellores equipos, o xoves.
Só os mellores sete equipos da tempada estival en categoría masculina e feminina obtiveron a clasificación para a Fase Final autonómica que dilucidará o campión de Galicia 2013 o próximo xoves en Nigrán Area. Non obstante, aínda queda unha oportunidade para poder estar nesa fase final. Os gañadores do Torneo Concello de Nigrán, que se celebrará a véspera tamén en Panxón, obterán os últimos convites para completar o grupo dos 8 mellores equipos que se disputarán o título galego.
Ademais, os campións galegos en categoría masculina e feminina se gañarán o dereito a representar a Galicia no Campionato de España, que se disputará en Almería os días 3 e 4 de Agosto.











