Panxón foi testemuña da coroación dos mellores do Vóley Praia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalNigrán
A-
A+
Un instante do campionato

Un instante do campionato

A praia de Panxón, en Nigrán, foi testemuña da mutitudinaria proba do Campionato Galego de Vóley Praia. Durante todo o fin de semana, numerosos deportistas de todas as idades provenientes de diversos puntos de Galicia deron unha gran animación á praia, uníndose cos bañistas que se achegaban a seguir o torneo.

En categoría senior masculino, foi a parella ourensá Guiñazu/Tovar os que levaron o trofeo de campións ao derrotar na final aos vigueses Penedo/Sánchez, tras levar o primeiro set por escasa marxe e cristalizar a vitoria no segundo (22-20, 16-21). A parella gañadora xa foi capaz de superar a semifinal sen sufrir demasiado, ao non ceder ningún set ante os representantes do Club Volei Praia Vigo Pérez/Gómez por 21-16 e 21-18. Estes últimos terían o consolo de lograr o terceiro posto.

En senior feminino, a parella González/Triñanes desfíxose na final de Durán/Arias por dous sets a cero (21-19, 21-18). As campioas tampouco deran opción a Besoli/Alvarado en semifinais, derrotándoas tamén sen ceder set. No choque polo terceiro posto, e nun partido moi igualado e emocionante, Besoli/Alvarado fixeron podio ao imporse por 2-1 a Cruz e Larrán.

Na categoría amateur Super-80, o trofeo de campións foi a parar ás mans de Elio e Yago, tras imporse por 21-15 á parella formada por Inés e Andrés. Antes, os campións desfixéronse de Santos e Rafa (21-17) e de Gallidono e Quinteiro (21-17).

A próxima semana, Nigrán Area vestirá as súas mellores galas para o esperado e popular Torneo Concello de Nigrán de Fútbol Praia. As inscricións están abertas en www.verandeportivo.com

15 de xullo de 2013 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.