Ourense inviste 43.500 euros na remodelación e mellora do Parque Infantil da rúa Díaz Pulpeiro
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, visitaron esta mañá á veciñanza da Avenida de Zamora, no remate da rúa Saínza e xunto ao barrio de Mariñamansa. Cun investimento de 43.500 euros, a Concellería de Medio Ambiente ven de acometer unhas obras de mellora, remodelación e acondicionamento do espazo, para o seu uso e desfrute dos veciños en condicións axeitadas.
Así, caucho contínuo en toda a zona, restauráronse dous xogos infantís, e instaláronse dous columpios, unha hamaca, e un balancín. Ademáis, incorporáronse varios xogos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade: un tiovivo e un “niño de paxaros”.











