Ourense celebrará o 18 Festival de Cine Internacional do 16 ao 24 de novembro
A Xunta de Goberno Local, acordou, na súa xuntanza desta mañá a aceptación das bases e a convocatoria dos premios da 18ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
O prazo para presentar ao Festival as longametraxes xa está aberto e rematará o 25 de setembro ás 14.00h. Poderán concursar todas as persoas físicas ou xurídicas que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten. Coma requisitos esíxese que as obras foran producidas en 2012 ou 2013 e sexan orixinales, non podendo terse exhibido en salas públicas (agás en festivais) e tendo que ser de ficción ou animación, cunha duración superior aos 60 minutos.
Todas e todos os interesados poden realizar a inscripción ben de xeito online cubrindo o formulario dispoñible na web www.uptofest.com ou a inscrición tradicional enchendo o formulario dispoñible na web www.ouff.org e remitindo a folla ao aderezo: Festival de Cine de Ourense, Auditorio Municipal, rúa da canle, nº2 32005, Ourense.
En calquera dos dous casos para completar a inscrición deberanse incluír os seguintes materiais:
– Datos de contacto do propietario dos dereitos audiovisuais
– Unha copia do filme cun menú que conteña unha pista de subtítulos en inglés
– O tráiler ou unha selección de imaxes extraídas do filme cunha duración mínima de 30 segundos
– Lista dos diálogos ou do texto da narración
– Fotogramas en alta resolución da película en formato dixital
– Fotografía en alta resolución do director ou directores en formato dixital
A selección dos filmes realizarase por unha comisión independente designada pola Concellería de Cultura, a cal poderá propoñer aqueles filmes non seleccionados para a competición pero que considere de especial relevancia para a súa exhibición en ciclos paralelos, apostando polas películas temáticamente comprometidas e formalmente innovadoras.
Os premios da sección oficial competitiva serán outorgados por un xurado designado pola Concellería de Cultura e estará formado por profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, xornalístico e cultural.
Mantense o premio do público, para aquel filme que obteña unha maior votación ponderada en función dos votos emitidos polos espectadores tralas proxeccións, e terá unha dotación económica de 3.000 euros.
Os premios correspóndense coas seguintes cuantías económicas:
– Calpurnia á mellor película: 7.000 euros
– Premio do Público á mellor películo: 3.000 euros
– Premio “Carlos Velo” ao mellor director: 3.000 euros
– Premio especial do xurado: 2.000 euros
– Premio ao mellor guión: 1.000 euros
– Premio á mellor interpretación: 1.000 euros
Os gañadores recibirán un trofeo representativo do evento na gala de clausura do Festival.











