Ourense cancela todos os actos en solidariedade polo sinistro ferroviario en Santiago
O Concello de Ourense cancela tódolos actos convocados para mañá, de conmemoración do Santiago Apóstolo e das Festas da Ponte, debido ao tráxico accidente acontecido.
O alcalde de Ourense e os membros do Goberno Municipal, lamentan profundamente o acontecido e queren amosar a súa solidariedade cos familiares das vítimas. O goberno agarda que o acontecido se esclarezca o máis pronto posible e agradece o traballo que neste intres están a realizar as forzas e corpos de seguridade do Estado, así coma os servizos médicos, de emerxencia e de asistencia.











