Ourense acollerá a actuación da Compañía Nacional de Danza de Costa Rica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Tras a presentación da III Edición do festival de Danza Corpo á terra que comeza esta tarde en Ourense, hoxe tocoulle o turno a Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, que nos trae un espectáculo que poderemos ver mañá no Auditorio Municipal e o sábado na Praza Maior. A actuación do Auditorio Municipal comezará a partir das 22.00 h e ten un prezo de 8 €. O sábado, o espectáculo pon o peche a este III edición do festival de danza Corpo á terra.

A Compañía Nacional de Danza de Costa Rica levará ao Auditorio Municipal unha actuación xunto ao espectáculo de Danza VACUO de Maruxa Salas. VACUO o forman trece intérpretes en escena, música de Berrogüetto, e máis de trinta profesionais técnicos para convidarnos a unha reflexión metafórica sobre a vida. A autora plantexa a busca dun mesmo, dos espazos de rexeneración, de liberdade e de descubrimento.

VACUO creouse para o Centro Coreográfico Galego no ano 2006, e fixéronse máis de 60 representacións por toda España. Agora, despois de 6 anos, a ourensana Maruxa Salas volve a montar a súa obra VACUO para a Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, gracias á colaboración co Ministerio de Cultura e Xuventude de Costa Rica. Neste caso o espectáculo poderase ver en Ourense, este fin de semana, e en Santiago de Compostela o videiro martes.

A xira de VACUO, xunto coa Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, está producida por SólODOS, unha plataforma cultural consolidada a través dos anos, e que ten nas artes escénicas e na creación contemporánea o seu campo principal de traballo.

4 de xullo de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.