Ourense acolle a presentaicón da exposición da artista de Cristina de Padua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse a outra exposición que permanecerá na Sala II do Museo Municipal ata o vindeiro 1 de setembro. Trátase dos traballos realizados pola artista ourensá Cristina de Padua.

Na procura da firmeza do proxecto museístico, no que a Concellería de Cultura está a traballar, preséntanse unhas obras que plasman cor e conforman todo o que crea en movemento xestual pictórico.

Muller e artista, un compendio de sensibilidade e respecto máximo pola materia prima da que xorde, no momento menos esperado a obra mellor finalizada, da que nos mostra o punto exacto, as formas, contornos, direccións, texturas, a curva e movemento das súas espirais que a caracterizan, da cor coa que traballa desde os pinceis e que se achega a nós, en forma de beleza artística.

Este proxecto expositivo resposta a unha programación anual da cultura artística da cidade e que xorde desde obra que custodian nos Fondos do Museo Municipal Ourense.

11 de xullo de 2013 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.