publicidade hoxe

Os veciños de Culleredo poderán demostrar que “nunca tiran a toalla” no tráiler exposición de “Vivamos como galegos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

Supermercados Gadis pon de novo en marcha este verán o seu tráiler exposición “Vivamos como Galegos” que irá de xira por toda Galicia para que poidamos lembrar a historia de seis anos de campaña e participar en distintas actividades.

O tráiler visitará mañá, MARTES 23, en horario de 17.00 a 22.30 horas, a localidade de O BURGO, no GADIS do paseo marítimo, xunto as antigas fábricas de A Cros.

Este ano realizaránse dúas actividades. Por unha banda, os que visiten o tráiler poderánse subir ao photocall e facerse unha foto coa toalla que “non se tira nunca”. Poderáse facer tanto en grupo como de xeito individual. Todos os participantes serán agasallados cunha camiseta. O noso fotógrafo realizará a foto que logo poderáse levar impresa ou enviarse por correo electrónico. Tamén, para que todo o mundo poida ver ós participantes, poderáse colgar, si así o desexa o seu protagonista, na web www.vivamoscomogalegos.com

Tamén poderáse visitar unha exposición no interior do tráiler no que se encontrará unha mostra retrospectiva con algunhas das principais imaxes e elementos que protagonizaron cada un dos anuncios de Vivamos como Galegos. Ademáis, este ano, contaráse cunha zona “on line” onde se poderá percorrer os seis anos de Vivamos como Galgos vendo os anuncios emitidos en televisión e difundidos na radio, e colgar a toalla na fiestra da túa casa para demostrarlle ao mundo que os galegos non nos rendemos.

Todos os concursantes da foto entrarán no sorteo de dúas entradas para o Festival da Luz. O sorteo realizaráse ás 21.30 horas.

Tras Vilaxoán o tráiler percorrerá algunhas das principais localidades de Galicia para que todos os que o desexen poidan participar nas novas accións da campaña “Vivamos como galegos!”

Historia

A finais do ano 2007 Gadis comenzou a emisión en televisión dos anuncios publicitarios que máis repercusión tiveron en toda a hiostoria da publicidade en Galicia, !Vivamos como Galegos!”. Ó ano seguinte, Gadis traslada o movemento ata Nova York, onde un Supergaiteiro enriba dun taxi foi o protagonista. En 2009, incorpórase á campaña a fórmula secreta dos galegos para afrontar as situacións difíciles con optimismo, o Maloserá!!!”. No 2010, Gadis incorporou a melodía do “Don´t worry, que Maloserá!” para invocar a fórmula secreta. En 2011, xa dentro das celebracións do V aniversario, Gadis realizou un anuncio especial coa convocatoria aberta ós galegos para tomar parte na rodaxe. Foron máis de 1.000 as persoas que participaron. O ano pasado os nenos foron os protagonistas, lembrándonos que os galegos nunca tiramos a toalla.

22 de xullo de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.