Os traballos de roza deron comezo o xoves e a finais de mes espérase a súa finalización
O goberno local anuncia que o pasado xoves se iniciaron dos traballos de roza de todo o concello e que espera que estean finalizados este mes. Segundo o concelleiro de Obras, Manuel Marante, este ano debido ás condicións climatolóxicas adversas do inverno a maleza é maior que a doutros exercicios polo que entende o descontento dos veciños. “Entendo aos veciños que sofren estas malezas, aínda que quero recordar que a contratación das rozas se levou a cabo case un mes antes que nos anos anteriores, aínda que quero que saiban que xa están a traballar en ellaos e que este mes as cunetas e camiños quedarán rozas”, apunta o edil de goberno. Advirte que as rozas se iniciaron semanas antes que en exercicios pasados, aínda que é conciente de que a maleza acumulada supón un perigo para a seguridade e vial e por iso iniciou antes a súa contratación.
Por outro lado, respecto ás declaracións realizadas nos medios de comunicación polo líder de UxC, o edil de Obras asegura que non pensa entrar en ningunha polémica e o único que lle interesa “é que os traballos estean rematados o antes posible en beneficio dos veciños”, apuntou Marante.











