Os traballos de canalización na Enfesta de San Telmo desvelan novos achados romanos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra está a executar obras de canalización de servizos na rúa Enfesta de San Telmo, entre o Parador e o Colexio de Aparellados, unha obra que quedara pendente na reurbanización desta rúa do centro histórico.

No momento de abrir as zanxas para colocar as canalizacións, acháronse estruturas romanas, tal e como sospeitaban os servizos de arqueoloxía do Concello de Pontevedra que consideran que esta é a zona de Pontevedra con máis potencialidade romana.

O achádego é, en principio, e á expensas de máis estudos, un muro duns 60 centímetros de ancho que pode pertencer a unha edificación. O servizo de arqueoloxía xa iniciou todos os traballos de documentación deste achado (fotografiado…), e está a estudar como integrar e compatibilizar estes restos coa obra que se vai a acometer na rúa.

Con este novo achádego e outros de maior ou menor entidade, o Concello está a compoñer un puzzle da ocupación romana en Pontevedra.

16 de xullo de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.