Os técnicos do Festival de Xardíns de Allariz impartirán formación teórico práctica aos xardineiros do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz servirá como exemplo e referencia da imaxinación, creatividade e beleza no tratamento das zonas verdes, para medio centenar de  traballadores da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense que recibirán, durante a mañá deste venres,a partir das 10:00h, nunha sesión teórico práctica impartida polos técnicos do Festival de Xardíns, formación ao respecto do tratamento das zonas verdes, que servirá aos asistentes para reforzar e renovar os seus coñecementos ao respecto das técnicas da xardinería.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz, ubicado na marxe dereita do río Arnoia, estase a consolidar como un grande atractivo turístico, incentivando a economía local e congregando a múltiples profesionais do sector da xardinería e paisaxismo. Na súa cuarta edición, o festival incorpora unha mostra de esculturas, que permite que os artistas empreguen o espazo privilexiado como escenario para amosar as súas obras.

4 de xullo de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.